Novas

O CONCELLO DE IRIXOA RENOVA A SUA SEDE ELECTRÓNICA

A Sede Electrónica do concello ten agora un novo aspecto e importantes melloras no seu uso e funcionalidade. Entre as importantes novidades que incorpora, destaca o acceso a través do sistema cl@ve, que permitirá ao cidadán a tramitación a través de clave PIN ou clave permantente, a maiores do certificado electrónico e o DNI electrónico. Esta sede electrónica forma parte do Proxecto Provincial de Implantación da Administración Electrónica ao que o Concello de Irixoa leva adherido dende o seu inicio.

 
ENTROIDO 2019

O Concello de Irixoa celebrará o Entroido o luns 4 de marzo coas seguintes actividades. A partir das 18:00 horas festival infantil no Polideportivo municipal con inchables, obradoiros, animación e concurso de disfraces cos seguintes premios; 1ª premio, 90 €, 2ª premio, 70 €, 3º premio, 50 €. Pola noite, a partir das 23:00 horas no campo da Festa de Irixoa XI Festa da xuventude, amenizada pola orquestra D´Moda e discoteca móbil Sebas 21. Haberá concurso de disfraces cos seguintes premios; para disfraces individual ou parellas: 1º premio, 110 €, 2º premio, 90 €, 3ª premio, 70 €; para grupos de máis de 3 persoas haberá os seguintes premios: 1º premio, 210 €, 2º premio, 190 €; 3º premio, 170 €. Tamén haberá o I Concurso de postres de entroido que terá os seguintes premios: 1º premio: vale agasallo por unha comida nun dos restaurantes do concello; 2º premio, vale agasallo de 50 € para gastar nun dos comercios de Irixoa. Para unha mellor previsión as persoas interesadas en participar no Concurso de postres deberán avisar no departamento de Servizos Sociais de Concello.

Bases concurso de disfraces

Bases I Concurso de postres

Cartel

 
Charla informativa "Prevención de timos, roubos e abusos ás persoas maiores"

A Cruz Vermella, en colaboración co Concello de Irixoa e a Garda Civil, impartíu unha charla informativa sobre "Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores" na biblioteca Muncipal de Irixoa o día 31 de xaneiro.

Fotografía participantes charla

 
LISTAXES BOLSAS DE CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE OPERARI@S

No Boletín Oficial da Provincia do 4 de febreiro de 2018 publicouse o anuncio de convocatoria para a formación de listaxes para a contratación laboral temporal de peóns e oficiais de 1ª. O proceso selectivo é o de concurso de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles que se contarán desde o seguinte á presente publicación (do 5 ao 18 de febreiro).

Instancia operari@s

Bases operari@s

 
DOAZON DE SANGUE

O mércores 23 de xaneiro a unidade móbil de doazón de sangue estará no campo da Feira de Chao da Viña desde ás 10:00 ás 14:00 horas

Máis información

 
UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

A empresa Supervisión y Control S.A. concesionaria da Xunta, titular da concesión de estacións de I.T.V. comuica que o horario e día asignado a este concello para a inspección técnica periódica de CICLOMOTORES será o día 6 de febreiro en horario de 9:00 a 13:30 horas no Campo da Feira de Chao da Viña. Citas na web www.sycitv.com ou o tel. 902309000.

Cartel ITV Ciclomotores

 
Entrega de premios I Concurso de Postais de Nadal

O pasado día 5 de xaneiro na Festa de Reis que se celebrou no Polideportivo Municipal o Alcalde Antonio Deibe Sanmartín fixo entrega dun diploma e un vale por valor de 50 € as gañadoras do I Concurso de Postais de Nadal que organizou o Concello de Irixoa.

Alejandra Souto Garrido, 8 anos

Eider Doval Golpe, 4 anos

Sara Vidal Cal, 6 anos

 
Charla informativa "Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores"

Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores

A Cruz Vermella oferta, en colaboración co Concello de Irixoa e a Garda Civil, unha charla informativa sobre "Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores" na biblioteca Muncipal de Irixoa o día 31 de xaneiro. Esta charla estará impartida pola Garda Civil. Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.

Cartel charla informativa

 
CLUBE DE LECTURA

Desde a biblioteca municipal queremos poñer en marcha un clube de lectura. Está actividade consiste en reunións que se realizarán de maneira quincenal na que os/as participantes comparten ideas sobre un libro. O clube reunirase cada quince días en horario de maña. Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.

Cartel

 
Cestería

Usuarios: adultos Datas de realización: Xaneiro – Maio 2019. Horario: martes de 10:00 a 12.30 e de 16.30 a 18.00 horas. Máis información e inscricións no Departamento de Servizos Sociais ata o día 11 de xaneiro tel. 981 793 001

Cartel publicitario

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor