Novas

CONFINAMENTO DE SOSPEITOSOS DE COVID-19 NA CASA

Debido á evolución moi negativa da pandemia do coronavirus no concello, recórdase a prohibición dos sospeitosos por síntomas, e contactos directos con positivos de COVID-19 de permanecer en lugares públicos, sendo obriga destas persoas quedar confinados nas súas casas.

Apelamos á responsabilidade individual de cada persoa, que redundará no ben de toda a comunidade.

Incumprir esta obriga dará lugar á oportuna denuncia e sanción polo concello ou autoridade competente.

Igualmente informamos que calquera veciño/a de Irixoa confinado que o necesite, cando precise axuda (alimentos, mediciñas, …) deberá chamar ao concello para solucionar a súa demanda.

Bando Alcaldía

 
MANIFESTO 25N

Hoxe, 25 de novembro conmemorase un ano máis o día contra a violencia de xénero.

Dende o Concello de Irixoa expoñemos o noso rexeitamento ás actitudes que provocan morte e sufrimento ás mulleres.

Estaba prevista a lectura pública dun manifesto, que dadas as circunstancias actuais que estamos a vivir estes días no Concello en relación ao covid-19 vemos prudente suspender a dita lectura.

Este manifesto queda colgado nesta páxina web. Esperamos a vosa solidaridade.

Moitas grazas.

Manifesto 25N

 
 
AXUDAS PEL-REACTIVA

Publícanse as bases específicas reguladores das axudas do Concello de Irixoa adherido ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia.

O prazo para presentación de solicitudes remata o 25 de novembro de 2020

Bases da convocatoria

Bases de la convocatoria

 
SUSPENSION DAS FEIRAS EN CHAO DA VIÑA

Debido á evolución negativa da pandemia do coronavirus no concello, queda suspendida a feira do día 24 de novembro de 2020 en Chao da Viña.

BANDO ALCALDÍA

 
III Concurso de postais de Nadal

Establécense dúas categorías, de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos. Cada participante poderá presentar máximo dúas postais, presencialmente nas oficinas municipais ou por correo ordinario a Pazo de Irixoa, 6A 15313, Irixoa (A Coruña), neste caso xuntarase un formulario de entrega. O prazo de presentación será do 18 ao 30 de novembro. Mais información no tel. 981 793 001.

Cartel

Bases

Formulario

 
I Concurso de deseño de imaxe para calendario municipal

O Concello de Irixoa convoca o I Concurso de deseño de imaxe para o calendario municipal. O tema do deseño gardará relación con lugares emblemáticos, patriomonio cultural, natural, herdanza cultural, tradicións... do Concello de Irixoa. Poderan ser fotografías dixitais, imaxes creadas dixitalmente, montaxes fotográficas dixitais… Poderán participar do 18 ao 30 de novembro os/as maiores de 13 anos, empadroados/as en Irixoa ou estudantes do CPI Virxe da Cela. Envíarase un correo a escolares.irixoa@gmail.com cunha imaxe en formato jpeg ou png, e un formulario cos datos da persoa participantes e o título da obra. Máis información no tel. 981 793 001.

Cartel

Bases

Formulario adultos

Formulario menores

 
 
 
ÚNETE A NÓS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 1ª semana de entrega

A información que vos mostramos no pdf adxunto é unha proposta.

Gustaríanos saber a túa opinión e que nos devolvas o teu "feedbak".

Se coñeces máis libros, películas, poemas, ou calquera outro material que queiras compartir estaríamos encantadas de recibir a túa proposta.

O podes facer a través do seguinte correo electrónico: servizos.sociais@irixoa.es.

Documento 1ª semana

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor