Novas
SUPRESIÓN DE CORTES DE AUGACon data 30 de novembro produciuse o inicio duns cortes de 7 horas diarias do subministro de auga potable municipal para a regulación preventiva da escaseza da auga acumulada non depósitos municipais, a causa da seca que afecta aos mananciais do concello.
Debido á actuación municipal de reforzo dos mananciais, xunto coa mellora da conciencia respecto do consumo responsable, a acumulación de auga nos depósitos mellorou de forma evidente.
A partir da data de hoxe (13 de decembro) QUEDAN SUPRIMIDOS os cortes preventivos de auga en toda a rede municipal.
A alcaldía agradece á veciñanza a comprensión coa necesidade destes cortes horarios preventivos, así como o uso responsable da auga e a colaboración xeral para a mellora das captacións municipais.
ACTIVIDADES NADAL 2017-2018Como cada ano o Concello de Irixoa organiza diferentes actividades durante as vacación de Nadal.
Na biblioteca municipal realizaremos de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas uns obradoiros onde nenos e nenas de 4 a 14 anos pasarano en grande realizando manualidades de Nadal, xogos...
O día 27 de decembro iremos co Concello de Monfero a pista de xeo instalada no Marineda. Esta actividade está destinada a rapaces e rapazas de de 4 a 18 anos. Prazo de inscrición ata o día 22 de decembro.
O día 4 de xaneiro iremos a Silleda-Park un parque de atracións situado nas instalacións da Feira Internacional de Galicia ABANCA. Ofrece numerosas atraccións: saltamontes, pista de coches, olla, jumpy, carrusel e numerosos inchables, pistas deportivas, ping pong, xadrez xigante, máquinas recreativas e áreas como a de videoxogos e a de xogos para os máis pequenos, divertidas actividades complementarias, como exhibicións, talleres, o espectáculo de El Show de los Payasos e, a presenza todos os días de personaxes dedebuxos animados.
O día 5 de xaneiro realizaremos como xa é tradición a Festa de Reis, que comezará ás 16:30 horas. Haberá inchables, obradoiros, chocalatada con roscoón, visitarannos as súas maxestades os Reis Magos de Oriente, e como broche final realizaremos a xa tradicional estalaxada de globos.
Obradoiros de Nadal
Patinaxe sobre xeo
Silleda-Park
Festa de Reis
RESTRICCIONS DE CONSUMO NO ABASTECEMENTO DE AUGA MUNICIPALA ausencia de choiva está afectando negativamente tanto ao caudal dos mananciais como ás reservas de auga dos depósitos do abastecemento municipal.
Para poder garantir a continuidade do subministro, o concello vai empezar o 30 de novembro de 2017 a facer cortes programados do subministro entre as 11 da mañá e as 6 da tarde.
Desde a alcaldía, requírese á veciñanza para que faga un uso racional e responsable da auga da rede de abastecemento.
ESPAZOS DAS FAMILIASEste é un punto de encontro que se realizará todos os luns ás 12:00 horas na biblioteca municipal para pais/nais con nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Un espazo de encontro semanal para reflexionar e debatir sobre educación, e compartir tempos e espazos lúdicos cos/as fillos e as fillas
Pulsa aqui para ver cartel informativo
DÍA DA BICICLETA E DÍA DO DEPORTEO día 7 de outubro teremos o Día da Bicicleta, como cada ano realizaremos un percorrido polas parroquias do concello disfrutando da sua beleza. Este percorrido é apto para todas as idades, menores de 7 anos acompañados. Logo remataremos a tarde cunha festa no polideportivo para celebrar o Día do Deporte, na que haberá inchables, xogos con materiais reciclados, circuito de triquets…
Día da Bicicleta e Día do Deporte
OBRADOIRO DE ATENCIÓN SANITARIA NO DOMICILIOListados provisionais para a selección do equipo directivo, docente, de apoio e os alumnos e alumnas.
Ábrese o prazo de 5 días naturais para que os candidatos presenten as alegacións que consideren oportunas do 22 ao 26 de setembro de 2017 (incluídos)
LISTADOS PROVISIONAIS
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2017-2018O concello de Irixoa pon en marcha un ano mais o seu programa de actividades municipais para o curso 2017-2018 coa intención de mellorar a calidade de vida dos veciñ@s e propoñendo novas formas de ocupación do tempo de lecer.
As actividades que se ofertan son moi variadas, no ámbito deportivo teremos fútbol sala, actividades de patín, xogos predeportivos, ximnasia de mantemento. Polo que respecta as actividades culturais Inglés, apoio ao estudo, informática, cestería…
O prazo para inscribirse remata o 29 de setembro.
Mais información e inscripcións no Concello. Telf. 981793001
Tríptico actividades municipais
RAFTING POLO MIÑOO Domingo 9 de xullo desprazamanos ata Arbo, Pontevedra para realizar a actividade de Ragting, esta actividade consite en ir nunha balsa neumática “o raft”, as balsas descenden ao ritmo das olas entre a espuma dos rápidos.
Houbo traballo en equipo, diversión, emoción, risas e unha gran descarga de adrenalina.
Descendemos 9 quilómetros polo río Miño. A caída de auga non presentou ningún problema, xa que íamos ben equipados: casco, chaleco salvavidas, traxe de neopreno e un monitor@ presente en cada momento. Este foi o encargado de levar o “raft” `polas zonas máis apropiadas e os/as participantes soamente tivemos que seguir as súas instrucións para faciliar o seu labor e experimentar as mellores sensacións de baixar o río de augas bravas.
Cambio data actividade Aquapark Cambio de data da actividade de verán, Aquapark
Con motivo da folga de autobuses, o Concello de Irixoa decidiu modificar a data da actividade de verán Aquapark programada para o día 12 de xullo. A nova data será o día 27 de xullo, polo tanto a actividade de aquapark queda fixada para o día 27 de xullo.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43