Novas

ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 29/07/2019

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 21-06-2019

2. 2ª fase do POS+ ADICIONAL 1/2019 por maior achega provincial

3. Aprobación definitiva desafectación de tramo de camino en Cabana (Verís): José Mª Sanjurjo Ares

4. Modificación da ordenanza fiscal nº 2 do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

5. Modificación da ordenanza fiscal nº 11 da taxa de saneamento de auga

6. Festivos locais 2020

7. Conta xeral exercicio 2018

8. Declaración de dominio público de tramo de camiño en Lousada (Verís) que figura como privado no catastro

9. Coñecemento da resolución da alcaldía de solicitude Plan Concertado de Servizos Sociais 2019

10. Coñecemento de resolución da alcaldía ditadas no mes de xuño de 2019

 
CAMPUS FÚTBOL

Dentro das actividades do verán este ano temos o I Campus de fútbol para nen@s de 6 a 14 anos que será do 5 o 9 de Agosto, En horario de 10 a 14h. No que faremos fútbol e moito máis. O prazo para inscribirse remata o 1 de Agosto

Cartel Informativo

 
Charla informativa "Dano cerebral adquirido"

O martes 6 de Agosto, ás 11.00 horas, terá lugar na Biblioteca Municipal a celebración da charla informativa sobre Dano Cerebral Adquirido. Falaremos das causas que producen o ICTUS, as formas de Prevención e o modelo de atención e Rehabilitación dos doentes. De balde.

cartel charla Dano cerebral adquirido

 
ACTIVIDADES DE VERÁN 2019

O Concello de Irixoa realizará diversas actividades para todos os públicos durante o verán. Ofertamos actividades como Aquapark ou senderismo, e actuacións na Biblioteca Municipal e un curso de inciación á informática. Máis información e inscicións no Concello de Irixoa, tel. 981 793 001.

Cartel actividades

 
Actividade: Inicio á Informática

Actividade de ocio destinada a persoas que queiran ter o seu primeiro acercamento o mundo da informática. Terá lugar os días 18 de xullo e 22 de Agosto, en horario de 10.00 a 11.30 horas na Biblioteca Municipal.De balde. Inscrición previa no Concello de Irixoa ou no teléfono: 981 793 001.

Cartel Inicio á Informática

 
CAMPAMENTO DE VERÁN 2019

Do 1 de xullo ao 31 de agosto, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, realizaremos un campamento no Polideportivo Municicpal. O campamento está destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Ten un prezo de 20 € por quincena, e os nenos e nenas empadroados/as terán unha subvención dun 50%. Tamén haberá un desconto dun 10% para familias monoparentais, que teñan un so membro traballando ou si se anotan 2 ou máis irmáns.

Cartel campamento

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO ORGANIZATIVO DO 21/06/2019

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 15-06-2019

2. Coñecemento sobre constitución de grupos municipais

3. Existencia da Xunta de goberno local

4. Periodicidade de sesión do Pleno e da Xunta de goberno local

5. Creación e composición das comisión informativas

6. Delegación de competencias do Pleno na Xunta de goberno local

7. Coñecemento de resolución da alcaldía sobre nomeamentos da súa competencia e delegación de competencias na Xunta de goberno

8. Coñecemento das resolución da alcaldía do mes de maio 2019

 
LUMEIRADAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO

Está aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro). As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira. A presentación da declaración responsable farase no Rexistros xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. Tamén poderá presentarse a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado. A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.

Declaración responsable

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO CONSTITUTIVO DO 15/06/2019

1. Formación da mesa de idade

2. Comprobación de credenciais e xuramento ou promesa dos concelleiros

3. Declaración de constitución da Corporación

4. Proclamación de electos para elección do alcalde

5. Elección do alcalde

6. Xuramento ou promesa do alcalde e toma de posesión

7. Acta de arqueo e inventario do patrimonio

 
PISCINA

Comeza a temporada de verán na piscina, o Concello de Irixoa ten un convenio de colaboración co Concello de Monfero para a utilización da piscina municipal. Xa esta aberto o prazo para matricularse nos cursos de natación ben no Concello de Irixoa de 9h a 14h. ou na piscina municipal de Monfero de 16h a 20h o prazo remata o 1 de xullo.

Cartel Informativo

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46   47   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor