Novas

CONTRATACIÓN DE 6 PEÓNS DE OBRAS (Programa PIL-PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021)

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 26/03/2021 aprobáronse as bases de contratación laboral temporal de 6 peóns de obras polo sistema de concurso de méritos.

A duración dos contratos será de 6 meses a tempo parcial (30 horas semanas).

Calquera persoa desempregada inscrita e residente no municipio poderá presentar instancia nos Rexistros do Concello para poder optar a esta oferta.

O prazo para a presentación de instancias é do 15 ao 21 de abril de 2021, ambos inclusive.

Instancia peóns

Bases peóns

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 15/04/2021

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 31/03/2021

2. Plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES – IRIXOA)

3. Desafectación inicial e permuta de camiño en Cerro: Pedro Varela Otero

4. Modificación orzamentaria 1/2021 (Remanente tesourería)

 
I CONCURSO EN PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 31 de marzo fallouse o I Concurso en prol da igualdade e contra a violencia de xénero no que participaron o alumnado do CPI Virxe da Cela de Monfero.

Había 3 categorías según idades.

Na 1ª categoría a gañadora foi Elisa Fernández Vázquez coa obra "Alas para volar" e o premio será a impresión do seu debuxo sobre unhas mochilas que se entregarán a todo o alumnado do ciclo de Educación Infantil.

Na 3ª categoría o gañador foi Hugo Lucía Romero coa obra "Igualdade". O premio consistirá na impresión do seu debuxo sobre unhas libretas que se repartirán entre o alumnado da ESO.

A 2ª categoría quedou deserta xa que non se presentou ningún traballo.

NORABOA ÁS PERSOAS GAÑADORAS!

Fallo xurado

Alas para volar

Igualdade

 
CONVOCATORIA PARA A INCORPORACIÓN Á LISTAXE DE BOLSA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRACTORISTAS

No BOP de 07/04/2021 convócase a incorporación na listaxe para bolsa de contratacións de TRACTORISTAS (desbroce de vías e instalacións municipais), cunha vixencia que remata o 1-6-2024.

Desta listaxe seleccionaranse as persoas para a contratación municipal anual: para o 2021 contrataranse 4 tractoristas por período de 6 meses a xornada de 30 horas semanais.

FUNCIÓNS: manexo de tractor e maquinaria de desbroce.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 días naturais (dende o 7 ao 16 de abril de 2021), presencial en horario de 9 a 2, ou na Sede Electrónica do concello as 24 horas ().

DATA DAS PROBAS: 22 de abril de 2021.

DEREITOS DE EXAME: 16 €, que se ingresaran na conta municipal ES02 2080 0092 1631 1000 0018

BASES: aprobadas por acordo da Xunta de Goberno do 26-3-2021, estando a disposición do público nas dependencias municipais e na web oficial do concello (teléf. 981793001).

Bases da convocatoria

Instancia

 
8 DE MARZO: DIA INTERNACIONAL DA MULLER (5)

Nesta última entrega presentámosvos o documento "referentes" no que mostramos unha pincelada de mulleres que racharon barreiras, desafiaron ás normas establecidas e fixeron historia ainda que a historia, en moitos dos casos, as teña esquecidas e invisibilizadas. Son mulleres de todos os tempos, poderosas e con grandes talentos que, nas súas disciplinas e coñecementos aportaron grandes cousas e contribuiron a melloras para mulleres e homes.

Referentes

 
ORDE DO DÍA DO PLENO ORDINARIO DO 31/03/2021

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 14/01/2021

2. Plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES-IRIXOA)

3. Desafectación definitiva de camiño en Lousada: María Dolores Porto Álvarez e María José Pérez Ares

4. Desafectación definitiva de camiño en Gándara: Alfredo Calvo Varela

5. Modificación distribución gastos sociais extraordinarios POS+ ADICIONAL 1/2021

6. Coñecemento de resolución da alcaldía sobre delegación de función no 1º Tenente de alcalde (28/01/2021) e de reasunción de función (17/02/2021)

7. Coñecemento de resolución da alcaldía de aprobación liquidación orzamento 2020

8. Coñecemento de resolucións da alcaldía de meses anteriores

9. Mocións de urxencia

10. Rogos

11. Preguntas

 
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (4)

Nesta nova entrega achegámosvos varios documentos:

- Un listado de entidades grupos e persoas que teñen nas redes sociais unha voz sobre a igualdade.

- Un percorrido polo mundo do celuloide con suxestións das películas máis significativas que falan de mulleres que sufriron a desigualdade e qué fixeron para traspasala. De seguro hai máis e estaríamos encantadas de recibir as vosas propostas de pelis que falen de mulleres que loitaron pola sua visibilidade.

- O decálogo da igualdade e,

- Unha análise breve e significativa da situación en cifras da desigualdade na que vivimos.

Esperamos que estos novos documentos vos axuden e vos inspiren

Igualdade nas redes

Igualdade no cine

(Des)igualdade en cifras

Decálogo

 
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (3)

Deixámosvos unha síntese para que reflexionedes sobre a igualdade real e a igualdade formal. Son o mesmo? Que diferencias hai? Que opinades vós?

Sobre a igualdade

 
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (2)

O Concello de Irixoa adhírese á campaña do 8 de marzo da FEGAMP. Achégase pdf co manifesto.

Manifesto

 
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Desde o concello de Irixoa, un ano máis queremos conmemorar esta data significativa do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, en prol da igualdade e polo recoñecemento do traballo cotiá que realizan as mulleres do mundo e máis concretamente, as que viven no noso eido rural do que formamos parte.

Convocamos o I concurso sobre a igualdade de xénero entre o alumnado do CPI “Virxe da Cela”, e do que mostraremos os traballos realizados polos/as alumnos/as.

Debido á continuidade da situación sanitaria polo covid-19 que seguimos a vivir, o concello e o departamento de Servizos Sociais de Irixoa, decidimos facer a campaña divulgativa e informativa desta conmemoración a través da nosa páxina web. E ao longo de todo o mes de marzo.

Así mesmo editaremos unas bolsas que reflictan o noso sentir:

“Traballemos pola igualdade: 100% igualdade=0% violencia de xénero

Tamén queremos manifestar que nos adherimos ás campañas realizadas pola FEGAMP e pola Deputación da Coruña, que volcaremos na nosa web.

Un saudo a toda a veciñanza.

O Alcalde

Antonio Deibe Sanmartin

Un pouco de historia

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor