Novas

DOAZÓN DE SANGUE

Doa sangue o día 9 de maio de 16:30 a 21:00 horas na unidade móbil ao carón do cuartel da Garda Civil de Irixoa, no lugar de Airavella (Irixoa)

 
Excursión á Mariña Lucense

EXCURSIÓN Á MARIÑA LUCENSE O vindeiro día 14 de maio realizaremos unha excursión á Mariña Lucense. A saída ten un prezo de 30 €, as persoas empadroadas en Irixoa terán unha subvención de 15 €. Terán preferencia os/as empadroados/as en Irixoa, as persoas non empadroadas poderán ir se hai prazas libres. Máis información e inscricións ata o día 10 de maio no tel. 981 793 001.

 
Campamento de verán organizado pola Deputación da Coruña

A deputación da Coruña organiza un campamento de verán para nen@s de entre 9 e 14 anos. O campamento ten a sua sede no IES Rosalía Mera na Coruña. A quenda que ten asignada o Concello de Irixoa é do 26 de xuño o 1 de xullo. No campamento realizaranse diferentes actividades tales como, deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais, etc. Inscricións no concello ata o 20 de maio. A actividade ten un custo de 85 euros.

Cartel

Formulario

 
CONVOCATORIA BOLSA DE SELECCIÓN DE TRACTORISTAS 2022

Tras rematar o prazo para a presentación de instancias, publícase a lista de persoas admitidas e excluídas para o proceso de formación da bolsa de tractoristas.

Admitidos

 
ACTUALIZACION DA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES S.A.F. 2022

Tras a valoración do 2022, publícase a relación actualizada de integrantes da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar.

Relación S.A.F.

 
FORMACIÓN TIC PARA PERSONAS MAYORES EN ZONAS RURALES

O martes 26 e o xoves 28 de abril a Asociación "Ciber Voluntarios" impartirá na biblioteca Municipal de Irixoa, en horario de 16:30 a 19:30 horas, unhas xornadas "Haz clic con la tecnología: ExpertClick", sobre novas tecnoloxías dirixido a persoas maiores. As xornadas versarán sobre videochamadas, banca on-line, pedir citas médicas, Redes Sociais... As persoas interesadas deberán inscribirse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa, tel. 981 793 001.

 
VALORACIÓN DE MÉRITOS FORMACIÓN DE BOLSA DE CONTRATACIÓN AUXILIARES SAF E PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

Publícase a acta da Comisión valoradora para a formación da bolsa de contratación de auxiliares SAF.

Acta

 
Loita contra a vespa velutina

Para a elimininación da praga da vespa velutina e imprescindible a colaboración cidadá coa colocación de trampas con liquido atraente. Con estas trampas se eliminan as raíñas que saen co bo tempo e crean novos niños. As persoas interesadas na colocación de trampas poden acudir ao concello para recoller liquido atraente e trampas. Deberán preguntar por Carlos.

 
CAMPAMENTO SEMANA SANTA

Durante as vacacións de Semana Santa, os días 11, 12, 13 e 18 de abril, realizaremos un campamento no Polideportivo Municipal en horario de 9:30 a 14:00 horas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prezo 10 €, nenas e nenos empadroadas/as 5 €. Máis información tel. 981 793 001.

 
Taller de memoria

Memoria

o día 20 de abril comezará un taller de memoria que se realizará na Biblioteca Municipal todos os mércores ás 10:00 horas. As prazas son limitadas. Máis información e inscricións no Departamento de Servizos Socias, tel. 981 793 001.

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor