Novas

PRESTACION ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS

A Consellería de Política Social acaba de convocar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. O prazo de solicitude abrangue do 4 de abril ao 29 de maio, ambolos dous incluidos. Persoas beneficiarias: - Persoas con fillos/as menores de 3 anos (nados entre o 02/01/2014 e o 01/01/2017 incluidos) - Fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31/12/2015 e o 31/12/2016. Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2015. Máis información no Departamento de Servizos Sociais do concello.

 
LISTAXES DE BOLSAS DE CONTRATACION DE OPERARIOS

CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE LISTAXES DE BOLSAS DE CONTRATACION LABORAL DE OPERARIOS

No BOP de 2 de febreiro publicouse a convocatoria para a formación de 2 listaxes para bolsa de contratacións de peóns e oficiais de 1ª. O prazo para presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación no BOP.

Bases da convocatoria

Instancia para oficial de primera

Instancia para peón

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor