Novas

LUMEIRADAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO

Está aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro). As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira. A presentación da declaración responsable farase no Rexistros xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. Tamén poderá presentarse a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado. A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.

Declaración responsable

 
PISCINA

Comeza a temporada de verán na piscina, o Concello de Irixoa ten un convenio de colaboración co Concello de Monfero para a utilización da piscina municipal. Xa esta aberto o prazo para matricularse nos cursos de natación ben no Concello de Irixoa de 9h a 14h. ou na piscina municipal de Monfero de 16h a 20h o prazo remata o 1 de xullo.

Cartel Informativo

 
Proxecto María Balteira

A Asociación Cultural, gastronómica e deportiva Lar de Unta promove este proxecto, coordinado polo grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica co patrocínio do Concello de Betanzos e a colaboración da Asociación de Veciños de Ambroa, a Asociación Cultural de Colantres, Biblos, Café Lanzós e os concellos de Irixoa e Coirós. O Proxecto María Balteira prepara para a primeira semana de xullo, previa á Feira Franca, unhas xornadas que incluirán en Betanzos recitais de poesía, charlas, mesa redonda, concerto, edición de pasquíns, a edición da obra dos xograres e trobadores Pero de Armea, Pero de Ambroa, Pero Amigo de Sevilha (S. XIII) e poemas adicados a María Balteira, todos eles naturais das Terras de Betanzos. O día 6 de xuño os actos trasladaranse a Ambroa (Irixoa) e o día 7 de xuño a Armea (Colantres, Coirós), lugares de onde procedían os xograres e María Balteira, que formaron parte da corte de Afonso X O Sabio na idade de ouro da literatura medieval galego portuguesa. Alfredo Erias, director do Museo das Mariñas, Dores Cao, profesora do IESP As Mariñas, a catedrática Concha Delgado (prologuista do libro que editará Biblos), o filólogo Xosé Ramón Pena, o profesor Eduardo Maragoto, presidente de AGAL, o profesor Xulio Loureiro do IESP As Mariñas, Marica Campo, autora do libro Confusión e morte de María Balteira ou Manuel Portas, autor do libro Lourenço xograr, serán algúns dos conferenciantes destas xornadas que pretenden divulgar o importante papel de Betanzos na idade de ouro da lírica medieval hai 800 anos aparellado ao peso político da cidade nese período histórico. A Fundación Luís Seoane (este ano adicanse a Luís Seoane as artes galegas) cedeu o gravado do autor sobre María Balteira para imaxe do Proxecto, do libro e dos pasquíns, e o Centro de investigación de humanidades Ramón Piñeiro coa colaboración do seu secretario Armando Requeixo, cedeu a obra completa destes tres poetas medievais e poemas adicados a María Balteira. A tradición literaria de Betanzos remóntase á Idade Media, época de esplendor da lírica e auténtica idade de ouro para Galiza e Portugal. Aportamos a esta época un trobador, dous xograres e unha soldadeira, María a Balteira. Os tres autores pertencen ao século XIII, manteñen relacións literarias e frecuentan as mesmas cortes, a corte real de Afonso X e, posibelmente, a corte señorial galega de Rodrigo Gómez de Trastámara. O trobador Pero García de Ambroa, natural de San Tirso de Ambroa, no concello de Irixoa, partido xudicial de Betanzos, é autor dunha cantiga de amigo, unha cantiga de amor, once de escarnio e unha tensón. Hai autores que consideran que teríamos que distinguir entre un Pero de Ambroa xograr e un Pero Garcia de Ambroa trobador ; outros opinan que son a mesma persoa e algún engade que é o mesmo autor cunha evolución de trobador a xograr pola decadencia económica. Este trobador foi obxecto de crítica por moitos autores pola súa suposta peregrinación a Terra Santa e pola relación con María a Balteira. Pero de Armea, orixinario do municipio de Coirós, do lugar de Armea, é autor de 13 cantigas de amor, catro de amigo e unha cantiga satírica, de escarnio de amor. Pedro Amigo de Sevilla, designado de Sevilla porque residiu nesa cidade, é identificado por Martínez Salazar e García Blanco cun clérigo de de San Tirso de Ambroa, no concello de Irixoa, lugar de onde era orixinario Pero García de Ambroa. Foi coengo de Oviedo e de Salamanca onde firma o seu testamento en 1302. A súa obra está formada por dezasete cantigas satíricas, catro cantigas de amor, unha pastorela, dez cantigas de amigo e unha tensón con Xohan Vasquiz de Talaveira. Toda esta obra e os pkemas de djversos autores da época adicados a María Pérez A Balteira serán editados polo proxecto co prólogo da profesora betanceira Concha Delgado.

 
RUTAS DE SENDERISMO. COÑECE IRIXOA

Está previsto realizar dúas rutas para coñecer o Concello de Irixoa e algún do seu patrimonio arqueolóxico. O día 30 de xuño ás 10:00 mañá sairemos do Local Social de A Graña (Ambroa), e faremos unha ruta circular de 4 horas de duración aproximadamente. Despois da ruta comeremos todos/as xuntos/as na area de recreo que hai ao lado do local, cada participante ten que levar a súa comida. O día 21 de xullo partiremos do Monte de San Antón, ás 10:00 horas, e tamén faremos unha ruta circular, comendo ao final todos/as xuntos/as, e cada un levará a súa comida. O prazo de inscrición estará aberto ata 1 semana antes de cada ruta. Máis información tel. 981 793 001.

Rutas de senderismo. Coñece Irixoa

 
CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS 2019

No BOP do 23 de maio publícase o acordo da Xunta de Goberno Local do 16 de maio de 2019 polo que se aproban as bases correspondentes á convocatoria pública de subvencións municipais a familias e entidades sen fin de lucro para o ano 2019. As citadas bases expóñense ao público durante quince días hábiles, co fin de que se poidan presentar as alegacións ou suxestións que se estimen pertinentes. De non formularse, o acordo de aprobación entenderase elevado automáticamente a definitivo. A presentación de solicitudes de subvención poderase efectuar dentro do prazo do 27 de maio ao 26 de xuño de 2019, ambos inclusive; non obstante, no suposto de presentarse alegacións ou suxestións, entenderase suspendido dito prazo ata a aprobación definitiva , ampliándose o prazo de presentación nos días que correspondan para completar o mes.

Ver anuncio BOP

Impreso de solicitude

 
TEATRO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas "17 de maio" este ano adicado a Antonio Fraguas, o Concello de Irixoa organiza unha representación teatral do Grupo Fantoches Baj coa obra "Auga que non vas beber..." o martes 14 de maio na Biblioteca Municipal ás 11:00 horas. Esta obra está dedicada a público adulto. Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “ O cura está malo”.

Cartel

 
CAMPAÑA DE VERÁN 2019. XUNTA DE GALICIA

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019 Solicitudes: As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos: Solicitude individual: procedemento BS303A. Solicitude múltiple: procedemento BS303F. Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade: procedemento BS303G para solicitude individual O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 7 de maio de 2019 Máis información no DOG do 22 de abril de 2018 e en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.

 
DÍA DO LIBRO

Realizaremos na Biblioteca Municipal con motivo da celebración do Día do Libro (23 de abril) as seguintes actividades. O día 25 de abril "Obradoiro de Escritura Creativa" destinado a persoas adultas, a partir das 10:00 horas. O día 29 de abril "Contacontos musical" dirixido a nenos e nenas ata 3 anos, a partir das 12:00 horas. Máis información tel. 981 793 001.

Cartel actividades Día do libro 2019

 
CONSULTA DE LISTAS ELECTORAIS ELECCIÓNS MAIO 2019

Do 8 ao 15 de abril está aberto o prazo de exposición pública do Censo Electoral para as Eleccións Locais e ao Parlamento Europeo do 26 de maio. Durante este periodo calquera persoa pode consultar a sua inclusión nas listas do censo electoral ou presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censais se fose necesario. A consulta deberá de ser formulada pola propia persoa interesada identificándose con calquera dos documentos previsto na Lei Electoral (DNI, pasaporte ou permiso de conducir). As consultas ou reclamacións poderán facerse nas Oficinas do Concello os días 8, 9, 10, 11, 12 e 15 deabril de 2019 en horario de 9:00 a 14:00. Os teléfonos da Oficina do Censo Electoral, para información sobre as consultas son: 981 217 439; 981 217 426; 901 101 900

 
8 de Marzo. Día da Muller.

O día 8 de marzo na Biblioteca Municipal de Irixoa celebraremos o Día da Muller xuntándonos nun Círculo de Mulleres no que todos/as veciños/as están convidados/as.

Cartel 8 de marzo

 
Página  1   2   3   4   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook