Novas

XVI Encontro de maiores

O Encontro celebrarase o vindeiro día 13 de maio. Poderán asistir todas as persoas maiores de 60 anos, empadroadas no Concello, xunto co seu conxuxe aínda que este non teña esa idade. As persoas con mobilidade reducida, e que así o precisen, poderán levar un acompañante. A xuntanza consistirá nunha comida que se servirá arredor das 14:00 horas, nunha carpa situada no campo da Festa de Irixoa. Pola tarde os/as asistentes poderán gozar da actuación dunha orquestra, e participar no sorteo de varios agasallos. As persoas de máis idade de cada parroquia recibirán unha homenaxe por parte da corporación municipal. Para participar os/as interesados/as deberán anotarse e recoller unha invitación individual que se facilitará no concello. O prazo para inscribirse, será ata o día 5 de maio.

 
Página  1   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook