Novas

RESTRICCIÓNS IRIXOA 05/03/2021

Irixoa segue en NIVEL DE RESTRICIÓN ALTA dende hoxe. ?Para consultar as restricións deste nivel prema na seguinte ligazón: ?? https://coronavirus.sergas.gal/Cont.../Nivel-Restricion-Alta ?Para ver as restricións por concello a lizazón é a seguinte: ?? https://coronavirus.sergas.es/Cont.../Restriccions-concellos ?? Ámbito territorial conxuntamente delimitado formado polos seguintes concellos da área sanitaria da Coruña: Aranga, Arteixo, Cambre, Carballo, Carral, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Paderne, Sada, Vilasantar, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laxe, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilarmaior, Vimianzo, Zas.

 
Conmemoración 8 de marzo Deputación Provincial da Coruña

CAMPAÑA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA CONMEMORACIÓN 8 DE MARZO OitoM, Día das Mulleres. Moito por cambiar, por mover, por concienciar, por educar, por entender, por compartir, por crear, por gozar, por vivir_ Este 8M, Día das Mulleres, a Área de Igualdade da Deputación da Coruña promove unha serie de espazos en liña que nos convidan a atoparnos. Atoparnos para deternos e falar das dificultades que temos experimentado nestes tempos tan complexos e incertos marcados pola presenza da COVID-19; atoparnos para imaxinar colectivamente as respostas aos retos que atoparemos nos próximos meses e anos. A pandemia, tanto o propio virus como as diferentes medidas tomadas polas administracións para a súa contención, está a afectar as nosas vidas de tal xeito que aínda non temos información suficiente para imaxinar as súas consecuencias a medio e longo prazo. Mais, no medio do baile de cifras e o ruído dos medios de comunicación, temos moita necesidade de integrar e compartir experiencias, analizando e poñendo consciencia sobre como esta realidade impacta de maneira diferencial nas vidas das mulleres. Así, ao longo dun foro e tres conversas facilitadas en liña, reflexionaremos sobre os retos relacionados coa posición das mulleres na mercado laboral, co seu rol de principais responsables dos coidados e da sustentabilidade das vidas e sobre as interseccións da COVID-19 coas violencias machistas e os seus efectos específicos nos corpos e na saúde das mulleres. Tras a súa celebración en liña, estas conversas pasarán a formar parte dos recursos dispoñibles en aberto para a cidadanía dende a canle de Youtube da Deputación da Coruña. Dirixida a profesionais do ámbito da igualdade nun sentido amplo (administración pública a todos os niveis; saúde; coidados; educación; terceiro sector; etc.) esta programación ten ademais por obxectivo fomentar o traballo en rede no ámbito local e provincial, esbozando colaborativamente as liñas estratéxicas do futuro dunhas políticas post-COVID que deberán integrar necesariamente a perspectiva de xénero. A participación nos diferentes espazos é aberta e gratuíta, mais precisa de inscrición previa a través do seguinte formulario i.gal/oitoM Todo este proceso, xunto coas súas principais conclusións, será documentado xerando unha pequena publicación dixital que funcionará como inspiración, devolución e documento base para o traballo posterior. Por último, e no contexto deste mes de marzo tamén queremos apoiar á mocidade no seu papel como axente de cambio, facilitándolle a mozas e mozos ferramentas e referentes para xerar discursos alternativos dende os que fomentar a igualdade e actuar ante o machismo e a LGBTIfobia. Farémolo a través do deseño e difusión dun material didáctico que incorporará entrevistas en vídeo a mulleres referentes no cruce das TICs cos feminismos, animando á mocidade a xerar contido orixinal co que amplificar a conversa nas súas redes. Enlace: https://www.dacoruna.gal/.../pro.../conmemoracion-8-marzo...

 
DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA Hoxe 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía, commemorase o nacemento da autora. Numerosas institucións únense a esta commemoración. Nos seguines enlaces podes ver algunhas actividades, na fundación Rosalía fundación https://rosalia.gal/ realizan actividades en liña: Caldo de Gloria, Alborada para Rosalía., na cale de youtube https://youtu.be/HmB3xyS1O1Y podes ver un vídeo. Le a Rosalía, lémbraa e cóntao nas redes sociais co hashtag #DíadeRosalía.

 
CITA PREVIA

Cita previa para atención presencial

Ante os aumentos dos casos de COVID-19 e as restinciónS da Xunta de Galicia para realizar calquera trámite no Concello haberá que pedir cita previa. Tel. 981 703 001 ou na sede electrónica do Concello de Irixoa https://sede.irixoa.es/opencms/gl/cita/index.html

 
RUTAS E HORARIOS TRANSPORTE PÚBLICO A BETANZOS

MONBUS, xestora da concesión de transporte XG871 (Norte da comarca de Betanzos, sur da de Ferrol e oeste da de Eume) informa das rutas de transporte e horarios que pasan polo concello de Irixoa.

Calquera persoa viaxeira que precise máis información, pode solicitala por teléfono (982292900), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram).

Rutas e horarios

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 14/01/2021

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 30/12/2020

2. Orzamento municipal 2021: resolución de alegacións e aprobación definitiva

3. POS+ 2021

4. Coñecemento de resolucións de meses anteriores

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 30/12/2020

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 11/12/2020

2. Modificación orzamentaria 1/2021

3. Aprobación Conta xeral 2019

4. Aceptación doazón de terreo para ampliación de vial en Vilar da Viña: Antonia Couce Díaz

5. Moción do BNG sobre reactivación da asistencia sanitaria

6. Moción do Grupo municipal popular en apoio da autonomía financiera de Galicia

 
I Concurso de imaxe calendario

O xurado designado para a elección da imaxe gañadora do I Concurso de imaxe para o calendario municipal decidiu non outorgar o premio xa que soamente se presentou unha imaxe e considerou que non tiña a suficiente calidade.

 
Reis Magos 2021

Este ano ante a pandemia que estamos a vivir non se pode realizar a Festa de Reis, por iso as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente realizarán un recorrido polos distintos lugares do Concello de Irixoa onde residan nenos ou nenas menores de 16 anos. As súas maxestades levarán un agasallo personalizado polo que os nenos e as nenas terán que anotarse ata o día 28 de decembro no tel. 981 793 001.

 
Postais gañadoras do III Concurso de postais de Nadal do Concello de Irixoa

O pasado día 2 de decembro o xurado designado para a elección das postais gañadoras do III Concurso de postais de Nadal elexiu a postal de Martina Espiñeira Bretón na categoría de 3 a 7 anos e a Mila Pérez López na categoría de 8 a 12. Noraboa as dúas premiadas e agradecementos a todos os nenos e a todas as nenas participantes.

Acta deliveración do xurado

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor