Subvencións

SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA CORUÑA. PROGRAMA FOIC/2023

O 3 de abril de 2024 a empresa STELLANTIS & YOU ESPAÑA S.A., entregou ao Concello de Irixoa un vehículo para o desprazamento do persoal de Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Trátase dun Citroën Berlingo, adxudicado en licitación pública á citada empresa, que está subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, dentro do programa de vehículos para desprazamentos do persoal SAF (BOP 05/01/2023).

Orzamento de adxudicación: 21.622,89 €

Subvención Deputación: 20.000,00 €

 
BASES CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO 2023

Sairon publicadas no BOP nº 75 do día 20 de abril de 2023 as bases da convocatoria de subvencións municipais para familias e entidades sen fin de lucro 2023 do Concello de Irixoa. Poderán optar a estas subvencións as familias e as entidades ou asociacións xuridicamente constituídas e inscritas no rexistro municipal de entidades veciñais do concello de Irixoa, e os comités organizadores. O prazo para presentar as solicitudes é de 1 mes natural, computado dende o 20 de abril ao 19 de maio de 2023, ambos inclusive.

Bases

Solicitude

 
IMPLANTACIÓN DA XESTIÓN SEPARADA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Os concellos están obrigados a implantar a recollida selectiva da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos (contedor marrón); de xeito excepcional, para concellos de menos de 2.000 habitantes, permítese implantar un programa de compostaxe doméstica e/ou comunitaria; este sistema é o escollido polo Concello de Irixoa para a xestión da fracción orgánica, dadas as características do noso concello (dispersión, vivendas unifamiliares, carácter predominantemente agropecuario, etc.).

Mediante subvención da Consellería de Medio Ambiente (Xunta de Galicia), dentro dos fondos europeos NextGenerationEU, outorgou unha subvención ao concello para compra de composteiros e reparto aos veciños; esta subvención quedou establecida para as seguintes anualidades:

- 2022: 3.600 €, para un investimento de 4.000 €.

- 2023: 2.430 €, para un investimento de 2.700 €.

Grazas a esta subvención o concello e os veciños contribuirán a unha mellora medioambiental, con redución da cantidade de lixo producido e das viaxes de recollida, e farán máis sostible o servizo de recollida de lixo, tanto a nivel ambiental como económico.

Animamos aos veciños á participar activamente na implantación neste programa de xestión selectiva da materia orgánica, solicitando e instalando un composteiro nas súas parcelas residenciais.

 
INFORMACIÓN DE SUBVENCIÓN A REDACCIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE DO CONCELLO DE IRIXOA (PACES).

Aos efectos de dar a oportuna publicidade á subvención outorgada ao Concello de Irixoa pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a redacción do PACES (orde do 26/01/2021 publicada no DOG do 10/02/2021) , publícase íntegra a memoria xustificativa da dita subvención.

Memoria xustificativa

 
Página  1