Novas

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO INVENTARIO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS (CHURÍO, CORUXOU E VERÍS)

O Concello de Irixoa ten aprobado o inventario de vías e camiños municipais nas parroquias de Churío, Coruxou e Verís. Para que este documento se adapte o máximo á realidade da rede viaria municipal é preciso unha especial colaboración cidadá para detectar e corrixir posibles erros.

O concello establece unha exposición publica do inventario polo prazo de 2 meses, que se inciciou o día 27/03/2024 e remata o 27/05/2024, neste prazo o inventario pode ser consultado nas oficinas municipais do Concello de Irixoa de 9:00 a 14:00 horas.

A empresa Gabinete CARTOTEC, redactora do inventario, realizará unha sesión de presentación o día 17 de abril no salón de sesións do Concello, ás 13:00 horas, destinada á veciñanza e persoas propietarias das parroquias de Churío, Coruxou e Verís,

 
SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA CORUÑA. PROGRAMA FOIC/2023

O 3 de abril de 2024 a empresa STELLANTIS & YOU ESPAÑA S.A., entregou ao Concello de Irixoa un vehículo para o desprazamento do persoal de Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Trátase dun Citroën Berlingo, adxudicado en licitación pública á citada empresa, que está subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, dentro do programa de vehículos para desprazamentos do persoal SAF (BOP 05/01/2023).

Orzamento de adxudicación: 21.622,89 €

Subvención Deputación: 20.000,00 €

 
Loita contra a vespa velutina

A principio da primavera a raiña de vespa velutina empeza de novo a súa actividade iniciando a construción dun niño primario provisional. Este e o momento propicio para "cazalas" e evitar que nazan novas obreiras e formen unha colonia que cree un niño.

Recorda chamar ao 012 se ves algún niño de vespa velutina.

As persoas interesadas en poñer trampas para eliminar raiñas de vespa velutina poder acudir ao concello por liquido atraente e trampas. Preguntar por Carlos. Tel. 981 793 001.

Colocará as trampas nunha árbore florida atraente, camelia, limoeiro, rododendro..., encher a trampa 10-15 cm. O liquido sobrante gardarase no frigorifico para a reposición das trampas aos 15 días.

Unha vez rematado o liquido, encher a trampa cun liquido caseiro:

Receita 1

1 litro de zume de arándano

350 gramos de azucre

unha porción pequena de lévedo (como unha aceituna)

Receita 2

0,5 Litros de auga

200 gramos de azucre

unha porcion pequena de lévedo (como unha aceituna)

Tod@s debemos colaborar para intentar reducir esta praga

 
XX Festa das persoas maiores

Comida o día 4 de maio de 2024 no Polideportivo Municipal destinada a persoas maiores de 55 anos empadroadas, xunto co seu cónxuxe aínda que non os teña.

Prezo

10 € persoas empadroadas.

30 € persoas non empadroadas.

As persoas que vivan soas poderan levar a unha persoa acompañante, esta pagará 30 €.

As persoas que non poidan asistir soas, por que non poden valerse por si mesmas, tamén poderán levar a unha persoa acompañante, esta pagará 10 €.

Inscricions do dia 8 ata o 30 de abril, no Concello de Irixoa.

Máis información: tel. 981 793 001, www.irixoa.es

 
Sobes ao autobús do teatro?. Programa do Centro Dramático galego

PROGRAMA DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO -SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO? O Centro Dramático Galego produce a función "Os actos e as profecías" para conmemorar o seu 40 aniversario. Dentro do programa de Mobilidade promovido polo Centro Dramático Galego-Sobes ao autobús do teatro? oferta a Irixoa a posibilidade de asistir a dita función: Día: 8 de maio. Hora de saída: 16:00 horas. Lugar: Concello de Irixoa Prezo: de balde. O concello asume o pago do prezo das entradas. Prazas limitadas. Inscrición ata o día 4 de abril. Máis información e inscricións: Tél. 981 793 001, elisa.alonso@irixoa.es

 
Obradoiro de manexo do estrés e da ansiedade

Obradoiro de manexo do estrés e da ansiedade

O 3 de Abril ás 16.30 horas celebrarase un Obradoiro de manexo do estrés e da ansiedade na Biblioteca Municipal de Irixoa. O taller impartirase por parte da Escola Galega de Saúde cidadá en colaboración co Concello de Irixoa. Necesaria inscrición previa no teléfono 981793001 ou nos Servizos Sociais Municipais

cartel

 
Extraordinarias

Dentro do mes da celebración do Día da Muller o Concello de Irixoa xunto con Cibervoluntarios organiza a actividade Extraordinarias, programa formativo gratuito destinado a mulleres emprendedoras co obxetivo de axudalas a impulsar os seus negocios mediante a capacitación en ferramentas dixitais. Levaranse a cabo dúas xornadas que se impartirán en formato online como mecanismo de conciliación. Días 18 e 19 de marzo, en horario de 19 a 21 horas. Máis información e inscrición nos Servizos Sociais Municipais ou no teléfono 981 793 001

cartel

 
Taller Suelo Pélvico

Taller de Suelo Pélvico

O día 26 de Febrero ás 16 horas no Pabellón Municipal terá lugar a celebración dun Taller Suelo Pélvico onde unha Matrona do SERGAS nos ensinará exercicios para manter en forma esa importante parte da nosa anatomía. As /os interesados/as deberán anotarse nos Servizos Sociais do Concello de Irixoa ou chamando ao 981 793 001. Prazas limitadas. Actividade de balde. Necesario acudir con roupa e calzado cómodo e unha toalla de man.

cartel

 
Taller Suelo Pélvico

Taller de Suelo Pélvico

O día 26 de Febrero ás 16 horas no Pabellón Municipal terá lugar a celebración dun Taller Suelo Pélvico onde unha Matrona do SERGAS nos ensinará exercicios para manter en forma esa importante parte da nosa anatomía. As /os interesados/as deberán anotarse nos Servizos Sociais do Concello de Irixoa ou chamando ao 981 793 001. Prazas limitadas. Actividade de balde. Necesario acudir con roupa e calzado cómodo e unha toalla de man.

 
Entroido 2024

Concurso de disfraces de Entroido o luns 12 de febreiro nunha carpa no Campo da Festa de Irixoa a partir das 23:00 horas, amenizado polo Grupo Fenix.

Premios

Individual ou parellas)

1º premio: 110 euros

2º premio: 90 euros

3º premio: 70 euros

GRUPOS (de 3 ou máis persoas)

1º premio: 210 euros

2º premio: 190 euros

3º premio: 170 euros

Nomearanse un xurado que será o encargado de outorgar os premio. O fallo dos xurado realizanrase o mesmo día do concurso. Valorarán a orixinalidade, a laboriosidade, así como a posta en escea.

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor