Novas

SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL TRACTORISTAS

BASES PARA SELECCIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 TRACTORISTAS. Prazo aberto para a provisión temporal de 4 prazas de "tractoristas" (oficial 1ª), coas seguintes características: - XORNADA: 6 horas diarias, en principio de luns a venres; poderá ser continuada ou partida en función das necesidades do servizo. - DURACION: do 15 de maio ata o 31 de outubro de 2019. - TAREFAS: desbroce de pistas, terreos e instalacións municipais con tractor dotado de desbrozadora acoplada. - RETRIBUCIÓNS: 950 euros brutos ao mes, no que se inclúen todos os conceptos retributivos, entre outros o prorrateo de pagas extras. O prazo de presentacion de solicitudes será desde o día 22 de abril ao 3 de maio de 2019, en horario público de 9:00 ás 14:00 horas (rexistro telemático permanente en sede electrónica).

Bases

Instancia tractoristas 2019

 
DÍA DO LIBRO

Realizaremos na Biblioteca Municipal con motivo da celebración do Día do Libro (23 de abril) as seguintes actividades. O día 25 de abril "Obradoiro de Escritura Creativa" destinado a persoas adultas, a partir das 10:00 horas. O día 29 de abril "Contacontos musical" dirixido a nenos e nenas ata 3 anos, a partir das 12:00 horas. Máis información tel. 981 793 001.

Cartel actividades Día do libro 2019

 
CONSULTA DE LISTAS ELECTORAIS ELECCIÓNS MAIO 2019

Do 8 ao 15 de abril está aberto o prazo de exposición pública do Censo Electoral para as Eleccións Locais e ao Parlamento Europeo do 26 de maio. Durante este periodo calquera persoa pode consultar a sua inclusión nas listas do censo electoral ou presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censais se fose necesario. A consulta deberá de ser formulada pola propia persoa interesada identificándose con calquera dos documentos previsto na Lei Electoral (DNI, pasaporte ou permiso de conducir). As consultas ou reclamacións poderán facerse nas Oficinas do Concello os días 8, 9, 10, 11, 12 e 15 deabril de 2019 en horario de 9:00 a 14:00. Os teléfonos da Oficina do Censo Electoral, para información sobre as consultas son: 981 217 439; 981 217 426; 901 101 900

 
Obradoiros de Semana Santa

Os días 15, 16 e 17 de abril de 11:00 a 13:00 horas obradoiros de Semana Santa para nenos e nenas de 3 a 12 anos. O día 15 realizaremos un encontro infantil-xuvenil cos participantes no Programa Concilia Aranga. Os días 16 e 17 realizaremos na biblioteca Municipal obradoiros de cociña. Máis información e inscrición ata o día 12 de abril, tel. 981 793 001.

Cartel obradoiros Semana Santa

 
Excursión ao Santuario da Virxe das Emidas (O Bolo)

O día 13 realizaremos unha excursión ao Santuario da Virxe das Ermidas situado no municipio ourensán de O Bolo. Tamén poderemos visitar o castelo e a vila de O Bolo, O Barco de Valdeorras... A saída terá un prezo de 15 € para as persoas empadroadas e de 30 € para as non empadroadas. O prazo para inscribirse está aberto ata o día 5 de abril. Hai prazas limitadas, e terán preferencia as persoas empadroadas. Para máis información e inscrición tel. 981 793 001.

Cartel excursión O Bolo

 
AXUDAS A EMPRESAS CONVOCADAS POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA:

A Deputación da Coruña vén de convocar no BOP de 21-03-2019, as seguintes liñas de axudas no marco do Plan de Emprego Local 2016-2019: • LIÑA PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables. • LIÑA PEL-EMPRENDE ACTIVIDADES: Axudas para o apoio á realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial. • LIÑA PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. • LIÑA PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. As bases das catro liñas de subvención poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 45 do 06.03.2019 Como novidade xeral este ano favorecerase aquelas actividades económicas recollidas na Estratexia Española de Activación para o Emprego 2017-2020, consideradas con mellores perspectivas. As solicitudes poderanse presentar únicamente de xeito telemático, a través da plataforma telemática SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal). O prazo de presentación de solicitudes ábrese o 21 de marzo (xoves) e pecha o día 22 de abril de 2019 (ás 14:00h). Na páxina web https://emprego.dacoruna.gal/ pódese consultar a información actualizada sobre o Plan de Emprego Local.

 
Charla informativa "Bo trato as persoas maiores".

A Cruz Vermella en colaboración co Concello de Irixoa, impartirá o día 4 de abril ás 11.00 da mañá na Biblioteca Municipal, a nova charla do ciclo "Boas prácticas coas persoas maiores". Máis información e inscricións nos Servicios Sociais: 981 793 001.

cartel charla 4 de abril

 
8 de Marzo. Día da Muller.

O día 8 de marzo na Biblioteca Municipal de Irixoa celebraremos o Día da Muller xuntándonos nun Círculo de Mulleres no que todos/as veciños/as están convidados/as.

Cartel 8 de marzo

 
O CONCELLO DE IRIXOA RENOVA A SUA SEDE ELECTRÓNICA

A Sede Electrónica do concello ten agora un novo aspecto e importantes melloras no seu uso e funcionalidade. Entre as importantes novidades que incorpora, destaca o acceso a través do sistema cl@ve, que permitirá ao cidadán a tramitación a través de clave PIN ou clave permantente, a maiores do certificado electrónico e o DNI electrónico. Esta sede electrónica forma parte do Proxecto Provincial de Implantación da Administración Electrónica ao que o Concello de Irixoa leva adherido dende o seu inicio.

 
ENTROIDO 2019

O Concello de Irixoa celebrará o Entroido o luns 4 de marzo coas seguintes actividades. A partir das 18:00 horas festival infantil no Polideportivo municipal con inchables, obradoiros, animación e concurso de disfraces cos seguintes premios; 1ª premio, 90 €, 2ª premio, 70 €, 3º premio, 50 €. Pola noite, a partir das 23:00 horas no campo da Festa de Irixoa XI Festa da xuventude, amenizada pola orquestra D´Moda e discoteca móbil Sebas 21. Haberá concurso de disfraces cos seguintes premios; para disfraces individual ou parellas: 1º premio, 110 €, 2º premio, 90 €, 3ª premio, 70 €; para grupos de máis de 3 persoas haberá os seguintes premios: 1º premio, 210 €, 2º premio, 190 €; 3º premio, 170 €. Tamén haberá o I Concurso de postres de entroido que terá os seguintes premios: 1º premio: vale agasallo por unha comida nun dos restaurantes do concello; 2º premio, vale agasallo de 50 € para gastar nun dos comercios de Irixoa. Para unha mellor previsión as persoas interesadas en participar no Concurso de postres deberán avisar no departamento de Servizos Sociais de Concello.

Bases concurso de disfraces

Bases I Concurso de postres

Cartel

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor