Novas

LISTAXES BOLSAS DE CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE OPERARI@S

No Boletín Oficial da Provincia do 4 de febreiro de 2018 publicouse o anuncio de convocatoria para a formación de listaxes para a contratación laboral temporal de peóns e oficiais de 1ª. O proceso selectivo é o de concurso de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles que se contarán desde o seguinte á presente publicación (do 5 ao 18 de febreiro).

Instancia operari@s

Bases operari@s

 
DOAZON DE SANGUE

O mércores 23 de xaneiro a unidade móbil de doazón de sangue estará no campo da Feira de Chao da Viña desde ás 10:00 ás 14:00 horas

Máis información

 
UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

A empresa Supervisión y Control S.A. concesionaria da Xunta, titular da concesión de estacións de I.T.V. comuica que o horario e día asignado a este concello para a inspección técnica periódica de CICLOMOTORES será o día 6 de febreiro en horario de 9:00 a 13:30 horas no Campo da Feira de Chao da Viña. Citas na web www.sycitv.com ou o tel. 902309000.

Cartel ITV Ciclomotores

 
Entrega de premios I Concurso de Postais de Nadal

O pasado día 5 de xaneiro na Festa de Reis que se celebrou no Polideportivo Municipal o Alcalde Antonio Deibe Sanmartín fixo entrega dun diploma e un vale por valor de 50 € as gañadoras do I Concurso de Postais de Nadal que organizou o Concello de Irixoa.

Alejandra Souto Garrido, 8 anos

Eider Doval Golpe, 4 anos

Sara Vidal Cal, 6 anos

 
Charla informativa "Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores"

Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores

A Cruz Vermella oferta, en colaboración co Concello de Irixoa e a Garda Civil, unha charla informativa sobre "Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores" na biblioteca Muncipal de Irixoa o día 31 de xaneiro. Esta charla estará impartida pola Garda Civil. Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.

Cartel charla informativa

 
CLUBE DE LECTURA

Desde a biblioteca municipal queremos poñer en marcha un clube de lectura. Está actividade consiste en reunións que se realizarán de maneira quincenal na que os/as participantes comparten ideas sobre un libro. O clube reunirase cada quince días en horario de maña. Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.

Cartel

 
Cestería

Usuarios: adultos Datas de realización: Xaneiro – Maio 2019. Horario: martes de 10:00 a 12.30 e de 16.30 a 18.00 horas. Máis información e inscricións no Departamento de Servizos Sociais ata o día 11 de xaneiro tel. 981 793 001

Cartel publicitario

 
APOIO AO ESTUDO

Ábrese o prazo de inscrición ata o día 16 de xaneiro para as actividades de Apoio ao estudo e inglés. Ambas actividades realizaranse na biblioteca municipal en horario de tarde, intentando adaptar o horario as persoas inscritas. As actividades realizaranse se hai un mínimo de 8 persoas inscritas en cada unha das actividades. Apoio ao estudo terá un prezo de 100 € ao mes (as persoas empadroadas terán unha subvención dun 50% ) e realizaranse 4,5 horas de clases semanais. En canto a inglés, serán 2 horas semanais e terá un prezo de 30 € mes (unha subvención de 15 € para as persoas empadroadas)

Cartel publicitario

 
CAMPAÑA DE INVERNO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Concello de Irixoa ten adxudicadas tres prazas na "Campaña de inverno 2019" que organiza a Deputación Provincial da Coruña. Esta campaña está destinada a nenos e nenas de 11 a 15 anos que poderán pasar tres días, do 15/02/2019 ao 18/02/2019, na estación invernal de Cabeza de Manzaneda con unha cota de participación de 85 €. O prazo de preinscrición é ata o día 10/01/2019, máis información tel. 981 793 001.

Cartel publicitario

Folleto informativo e ficha inscricion

 
ANUNCIO DE LABORES DE XESTION DE BIOMASA NAS LINEAS ELECTRICAS DE UNION FENOSA DISTRIBUCION

Damos publicidade da pretensión por parte de UNION FENOSA de realizar operaciónS de xestión de biomasa nas liñas de distribución de enerxía eléctrica do termo municipal de Irixoa. Achégase tamén un plano do trazado das ditas líneas por se algún propietario dos terreos afectados considera do seu interés realizar a xestión da biomasa previamente. Se unha vez transcurridos 15 días desde a publicación do anuncio no tablón de edictos do concello o propietario non efectuou as labores de xestión de biomasa indicadas, Unión Fenosa procederá á sua realización.

Escrito Fenosa

Mapa

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook