Novas
Experiencias interculturais e interxeracionais das mulleres no ruralExperiencias interculturais e interxeracionais das mulleres no rural
Xornada para compartir saberes, experiencias e fortalezas, celebrando o papel das mulleres na construcción de comunidades rurais. Nesta xuntanza contaremos coa participación de lideresas comunitarias de Guatemala e El Salvador.
Acto organizado por Arquitectura Sen Fronteiras.
Actividade aberta a toda a veciñanza.
Xoves 20 de Novembro ás 16.30 horas
Biblioteca Municipal de Irixoa
cartel
Datas Inspección Maquinaria Agrícola unidade móbil 2025A empresa Supervisión y Control S.A comunica os horarios e días asignados a este concello no ano 2025 para a inspección de maquinaria agricola que serán:
17,18,19,20,21,22,23 - 29,30 de decembro
Horario:
Mañá: 9:00 a 13:30
Tarde: 15:15 a 18:00 horas (o venres día 19 non abrirá pola tarde)
Cita previa no teléfono 981 92 80 80 ou na web: www.sycitv.com
A unidade móbil estará ubicada no Campo da Feira en Chao da Viña.
Taller Expres Arte Taller Expres Arte
O Concello de Irixoa organiza coa financiación do Programa de Envellecemento Activo da Deputación da Coruña catro sesións nas que exploraremos diferentes disciplinas artísticas que nos axudarán a conectar connosco e a relaxarnos. Programa de envellecemento Activo, destinado a persoas maiores de 60 anos, preferentemente empadroadas. Máis información e inscricións nos Servizos Sociais Municipais ou no teléfono 981793001
cartel Expres Arte
CONVOCATORIA ACTO PÚBLICO CONTRA O XENOCIDIO DO POBO PALESTINO EN GAZACONVOCATORIA ACTO PÚBLICO CONTRA O XENOCIDIO DO POBO PALESTINO EN GAZA
Mañá venres 19 de setembro ás 12 horas terá lugar diante do edificio do Concello un acto público de rexeitamento e repulsa, dun minuto de silencio, contra o xenocidio perpetrado contra o pobo palestino que está tendo lugar en Gaza polo goberno Israelí.
Convócase a toda a veciñanza que se una a nós como acto de solidariedade.
Sobes ao autobús do teatro. Obra: A serie ClopenO día 2 de outubro o autobús do teatro pasará por Irixoa e nos levará ao Salón Teatro en Santiago de Compostela para disfrutar da obra "A serie Clopen", do Centro Dramático Galego, unha obra chea de ”Acrobacias imposibles, aéreos impactantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora.
Saída da Casa do Concello ás 15:20 horas.
Prazas limitadas, inscrición antes do día 29 de setembro, no tél. 981793001- 699485700, mail, elisa.alonso@irixoa.es, ou acudindo as oficinas do concello
DÍA DA BICI 2025O día 11 de outubro teremos o tradicional día da bici no que faremos un percorrido por diferentes parroquias do concello disfrutando do entorno e da compañia. A hora de saida será as 16h. diante do concello. Inscricións abertas ata o día 2 de outubro.Terán preferencia as persoas empadroadas en Irixoa. Inscricións no concello ou por sede electrónica cubrindo unha instancia xeral e adxuntado a folla de inscrición.
Cartel
Inscrición
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2025-2026Comezamos setembro e retomamos as actividades municipais para o curso 2025-2026. O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de setembro. Para a inscrición haberá que cubrir unha solicitude e entregala no concello ou por sede electrónica .Mais información no concello ou no tel. 981 793 001
Tríptico
Folla de inscrición
Punto en boca: entre fios anda o lioRepresentacion Teatral Punto en boca: entre fios anda o lio, de Raquel Crespo en coproducción co Centro Dramático Galego.
Día: 18 de agosto.
Hora: 12:00 horas.
Lugar: campo ao lado Polideportivo Municipal.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46