Novas

CORRECCION DE ERROS NAS BASES PARA A SELECCION DE PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO

Detectado un erro no baremo das bases para a seleccion do persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego ACTIVIDADES DE CONSERVACION E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO, publícase a sua corrección para coñecemento das persoas interesadas.

Correccion

 
OBRADOIRO DE EMPREGO: ACTIVIDADES DE CONSERVACION E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO

O obradoiro de emprego ACTIVIDADES DE CONSERVACION E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e promovido polo Concello de Irixoa conveniado cos concellos de Aranga, Monfero e Vilarmaior. Publícanse a continuación as bases para a selección tanto do alumnado traballador como do persoal do obradoiro de emprego para información de todas aquelas persoas que poideran estar interesadas en participar en dito obradoiro. Bases para a seleccion de persoal do obradoiro

 
DÍA DO DEPORTE

A actividade está programada para o día 13 de outubro. Ao lado do pabillón o Mago Antón realizara funcións nun camión acondicionado para tal fin, as funcións serán ás 16:30, 17:30, 19:00 e 20:00 horas. A partir das 18:00 horas no pabillón haberá inchables, xogos, obradoiros...Para participar haberá que inscribirse no Concello, ás persoas que estean inscritas no día da Bici non terán que volver a inscribirse. Máis información tel. 981 793 001, incricións nas oficinas municipais.

Cartel

Inscrición menores

 
OBRADOIRO DE EMPREGO DE ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL

Os concellos de Irixoa, Monfero, Aranga e Vilarmaior van a levar a cabo un obradoiro de emprego de "Actividades de Conservación e Mellora Forestal", (só para persoas desempregadas maiores de 18 anos), financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que vai comezar próximamente. Contará con 20 alumnos-traballadores, e un equipo directivo, docente e de apoio composto por 6 persoas. Os alumnos-traballadores asinarán un contrato para a formación e aprendizaxe e recibirán unha retribución pola súa participación no obradoiro. ¿CÓMO INSCRIBIRSE? Para participar no proceso de selección para o obradoiro deberán acudir de xeito imprescindible e urxente á oficina de emprego de Betanzos e solicita-lo expresamente. As persoas interesadas en formar parte do equipo directivo, docente e de apoio deben actualizar o seu Curriculum na oficina de emprego. A duración deste obradoiro é de 9 meses. Código: AGAR0309. Familia profesional: AGRARIA. Área profesional: FORESTAL. Nivel de cualificación profesional: 1

 
SELECCIÓN E NOMEAMENTO DE TRABALLADORA SOCIAL INTERINA

O 19/09/2018 no Boletín Oficial da Provincia publicouse o nomeamento na selección de funcionaria interina para traballadora social de Adelaida F. Abad Isla así como a formación dunha bolsa de traballo para posteriores nomeamentos como funcionarios interinos, coa finalidade de cubrir tanto vacantes como substitucións transitorias dos seus titulares ou outras necesidades temporais.

Ver anuncio BOP

 
PROCESO SELECTIVO TRABALLADOR/A SOCIAL INTERINO/A: valoración definitiva de méritos

Unha vez comprobadas as alegacións presentadas no proceso selectivo de traballador/a social interino/a, publícanse os seus resultados.

Valoracion definitiva

 
PROCESO SELECTIVO TRABALLADOR/A SOCIAL INTERINO/A: VALORACIÓN PROVISIONAL

Unha vez realizada a valoración de méritos no proceso selectivo de traballador/a social interino/a, publícanse os seus resultados.

 
VI RUTA CABALAR

VI Ruta Cabalar no Monte de San Antón o día 15 de agosto. Saída 10:30 horas, chegada 14:00 horas. Xantar: Polbo, churrasco, pan, postre e café 20 €. Máis información e insciricións ata o día 11 de agosto nas Oficinas Municipais ou no tel. 981 793 001.

 
POOL PARTY!

O vindeiro día 17 de agosto na piscina de Monfero haberá unha festa para rapaces e rapazas de 12 a 20 anos. Música con DJ, láser show, espectáculo de luces, pulseiras luminosas… e ¡moitos premios!. Achégate cos teus amigos e disfruta dunha noite diferente de 20:30 a 23:00 ¡Coctelería sen alcol! . Non te esquezas o roupa de baño e gorro de piscina!

Cartel Festa na piscina

 
SELECCIÓN DE FUNCIONARIO INTERINO TRABALLADOR/A SOCIAL: LISTA DEFINITIVA CORRIXIDA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Publícase para o seu coñecemento a lista definitiva corrixida das persoas admitidas no proceso de selección de traballador/a social.

Listado definitivo corrixido

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook