Novas
Liquido e trampas Vespa veluntinaCoa chegada de primavera as raíñas de vespa velutina saen do seu letargo e comenzan a construír niños primarios que despois se transformarán en niños secundarios.
Para intentar frear esta praga é primordial a eliminación das raíñas, xa que será un niño menos.
Por iso desde o concello de Irixoa proporcionamos líquido atraente para tentar eliminar o maior número de raíñas.
As persoas interesadas en colaborar poden acudir ao concello,ata finais de maio, tanto por líquido atraente como por trampas, preguntar por Carlos, tel 981 793 001.
DEPUTACIÓN DA CORUÑA FOPPSS/2024O departamento de Servizos Sociais de Irixoa está cofinanciado, mediante aportación da Diputación da Coruña (FOPPSS/2024) nos conceptos de Educadora Social, Auxiliar Administrativa e Persoal auxiliar do programa de axuda a domicilio (libre concurrencia)
Cartel informativo
Festa de Entroido 2025No Concurso de disfraces realizado o pasado 4 de marzo en Irixoa resultaron gañadores/as:
Categoria Individual-Parellas
1º Premio: Bartolo que susuraba ao Jabalí
2º Premio: Fregoneitor´s
3º Premio: Purple Monster
Categoría Grupos
Baixo o mar
Medote Marchoso
Furbys
Noraboa a tod@s @s premiad@s¡
Charla "Coidar ao que coidan"A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Irixoa organiza unha charla gratuíta para apoiar a quen sempre está ao coidado dos demais.
Xoves, 27 de marzo de 2025
18:00 h.
Impartida por Katy Gutiérrez, psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro.
Ubicación: Biblioteca de Irixoa (Rúa Pazo de Irixoa, 14) no Concello de Irixoa
Un espazo para compartir, aprender e reforzar o benestar emocional de quen coida
Conmemoración do 8 de MarzoConmemoración do 8 de Marzo
O vindeiro 13 de Marzo faremos a nosa particular celebración do día Internacional da Muller, 8 de Marzo. Como cada ano, reunirémonos na Biliboteca Municipal ás 10.30 horas e o festexaremos en comunidade recordando o papel de mulleres do noso entorno. Estades convidad@s!
cartel 8 de marzo
EXCURSIÓNO día 5 de abril realizaremos unha excursión na que visitaremos o mosteiro de Armenteira e comeremos na Adega GranBazán.
Saída ás 8:30 horas.
Prezo: 50 € (persoas empadroadas en Irixoa 50% de desconto, e decir 25 €)
Máis información e inscricións ata o día 26 de marzo, tél. 981 793 001.
Taller "Os Saberes Gardados"Taller " Os Saberes Gardados"
O día 11 de marzo terá lugar o primeiro taller da programación: " Os Saberes Gardados", destinado a recoller as sabedorías das persoas do lugar, co obxectivo de facer unha recompilación de tradicións, costumes, historias e outros datos de interese do Concello de Irixoa e as súas parroquias. Taller subvencionado pola Deputación da Coruña a través do programa de Envellecemento Activo. Destinado a maiores de 60 anos. Inscrición previa nos Servizos Sociais ou no teléono 981
ENTROIDO 2025Data: 3 de mazro de 2025
Lugar: Campo da Festa de Irixoa
Hora: a partir das 23:30 horas
AMENIZADA POLO GRUPO
LA BAMBA
CONCURSO DE DISFRACES DE ENTROIDO
PREMIOS
INDIVIDUAL -PARELLA
1º premio: 140 euros
2º premio: 120 euros
3ª premio 100 euros
GRUPO (de 3 ou máis persoas)
1º premio: 240 euros
2º premio: 220 euros
3ª premio 200 euros
As persoas interesadas poderán incribirse das seguintes maneiras:
- Vía rexistro telemático na Sede electrónica do Concello de Irixoa no trámite Solicitude xeral, xuntando o
modelo de inscricón.
- Presencial ou vía telefónica: no Departamento de cultura que se atopa no Concello, tel. 981 793 001.
- Correo electrónico: enderezo de correo electrónico elisa.alonso@irixoa.es.
- O prazo de inscrición rematará o día 27 de febrero de 2025.
- As persoas que non se inscriban deste xeito poden facelo no mesmo día do concurso desde ás 23:30 horas do
día 3 de marzo ata ás 12:30 horas do día 4 de marzo, na Carpa situada no campo da Festa de Irixoa.
- No caso de menores de 18 anos, realizará a inscrición o pai/nai ou titor legal.
- No caso de grupos a inscrición realizaraa unha persoas maior de idade en representación.
Formulario de inscrición
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44